O día 6 de abril, dentro do Ciclo Camiñando entre mulleres 2021, tivemos o pracer de contar coa presenza de Alba Cid, gañadora do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández por “Atlas”, quen na súa charla “Poemas para enviar unha nova cartografía” reflexionou ao redor da necesidade da poesía na actualidade
Finalizada a charla, as nosas colaboradoras de Radio Rianxofala, Noelia e Antía, entrevistárona:
As reporteiras de Radio Rianxofala Marta Figueiras e Celia Arcos, coa axuda da nosa técnica Marta Domínguez, entrevistaron a Noa Moares, quen organizou unha venda de pulseiras para recaudar fondos para ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia) o día 15 de febreiro, día contra o Cancro Infantil.
- “Mamá… xa sei o que quero estudar… un ciclo medio”
- “Ah vale… vas estudar perruquería, non?”
Pois non… non era Perruquería; o que ela quería estudar era Soldadura, e soñaba con ir traballar a un asteleiro e facer barcos.
Hoxe coñecimos a Nerea Vázquez, “a diva do metal”, como lle din na súa terra. Unha historia moi valente de loita e superación para acadar as metas propias nun mundo tradicionalmente de homes. Estudante no CIFP Politécnico de Santiago, rematou o curso pasado o CM de Soldadura, e cursa neste o CS de Construcións Metálicas.
Dentro do Ciclo de Charlas “Camiñando entre mulleres” organizado polo ENL en colaboración co Concello de Rianxo, tivemos o pracer de contar con María Xesús Lama, profesora da Universidade de Barcelona. Esta, na súa conferencia Rosalía no caleidoscopio. Lecturas da súa obra, falounos da vida e da obra da autora.
No IES Félix Muriel o 25 de novembro de 2020 por mor do día contra a violencia de xénero levamos adiante unha acción colectiva, organizada polo equipo de normalización lingüística, coa colaboración de alumnado e profesorado, que chamamos As máscaras non calarán o noso berro na que as alumnas e os alumnos do instituto dende as ventás dicían a viva voz os nomes daquelas mulleres vítimas mortais de violencia machista nese ato até a data, convertendo todo o edificio en altofalante reivindicativo, de denuncia desta tara social e manifestación da vontade firme de procurar a xustiza e seguridade para as mulleres mediante unha solidariedade activa.