Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

anagrama RadioRianxoWhatsApp Image 2023-03-20 at 10.20.28No mes de marzo gravamos o noso segundo programa de recitado de poemas. Contamos nesta ocasión con  Sara Rial  e Ainoa Reboiras   de 3º de ESO  que recitaron:

  • “Cando te vexo”,  de Sara Rial
  • “A árbore da vida” de Ainoa Reboiras

Durante a gravación  contamos coa inestimable colaboración de Alejandro Ordóñez de 1º ESO, como locutor.

Animámosvos a escoitar o audio:

anagrama RadioRianxorecitado programa2

No mes de febreiro iniciamos unha nova andaina coa gravación de recitados de poemas. No noso primeiro programa tivemos a sorte de contar con Tahira Varela, Cristian Galbán  e Rodrigo Iglesias  de 3º ESO  que recitaron os seguintes poemas:

  • “Como esquecerte”,  de Tahira Varela
  • “Branca coma a auga” de Claudio Rodríguez
  • ” Meniña, rapaza nova” do gran poeta Eduardo Pondal.

Durante a gravación  contamos coa inestimable colaboración de Alejandro Ordóñez de 1º ESO, como locutor,  e de Daniela Rodríguez de 1º ESO, como técnica de son.

Animámosvos a escoitar o audio:

IMG-20230224-WA0004

O  25 de xaneiro o alumnado de 1º , 3º ESO, 1º e 2ºBAC. tivo a oportunidade de asistir á  representación da obra Ahora “mismitos“.   Nela interpretáronse diferentes historias ou lendas da mitoloxía greco-latina, presentes e frecuentes na literatura e as artes plásticas.

anagrama RadioRianxo

Con posterioridade Celia Arcos e Mauro Riveiro, colaboradores de Radio Rianxofala, tiveron a sorte de poder entrevistar ao actor Antonio Blanco, quen falou sobre o seu proxecto.

Deixámosvos o audio para que podades desfrutar del:

O noso alumnado participante.

O noso alumnado participante.

Xunto co resto de participantes.

Xunto co resto de participantes.

Mans á obra.

Mans á obra.

A semana pasada  Sabela Loureiro, colaboradora de Radio RianxoFala,  entrevistou a dous alumnos de 4º ESO, Uxía González Patiño e Hugo Eguiluz Gñómez, que participaron no Programa de Recuperación e Utilización Educativa de Pobos Abandonados do Ministerio de Educación e FP.

Durante unha semana conviviron en Granadilla (Cáceres) con outros tantos mozos e mozas dun instituto murciano. Aprenderon oficios, participaron en diversos obradoiros e actividades lúdicas conxuntas, ademais realizaron un proxecto de centro titulado “Give me my town back”  ideado polas profesoras de Tecnoloxía e Inglés que os acompañaron (Pilar Pérez e Rosa Súarez).

anagrama RadioRianxo

Deixámosvos o audio da entrevista, na que tamén contamos coa colaboración de Alejandro, como locutor, e de Abel Rodríguez, na parte técnica.

O luns 20 de xuño RianxoFala entrevista no IES  Milladoiro a Susana López Carbia, xornalista  e presentadora da TVG

WhatsApp Image 2022-06-25 at 4.25.19 PM WhatsApp Image 2022-06-25 at 4.23.56 PM WhatsApp Image 2022-06-25 at 4.22.48 PM

WhatsApp Image 2022-06-25 at 4.18.27 PMO luns 20 de xuño tivemos a ocasión de entrevistar no IES Milladoiro a Inés Suarez, integrante do grupo de música tradicional “As Maianas”

WhatsApp Image 2022-06-25 at 4.19.48 PM

 

 WhatsApp Image 2022-06-25 at 5.17.55 PMHoxe achegámosvos unha nova entrega das entrevistas realizadas no noso proxecto de Mentes Referentes que, como sabedes, realizamos o pasado mércores 8 de xuño.

Sabela Galbán contounos diferentes vivencias e anécdotas referidas ás súas experiencias musicais mais tamén se lembrou do seu paso polo IES Félix Muriel.  Confiamos en que estes minutos de conversa sexan do voso interese e agrado.

172 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  |   | 22  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.