Por X. Ricardo Losada
Cando lles dou clase de Filosofía a alumnos que a cursan por primeira vez, intento saber que prexuízos teñen sobre ela. Hai anos, nun instituto de Cee, ocorréuseme unha forma pola que teño certa predilección. Pórlles unha adiviña que publicou a revista norteamericana Reader´s Digest, como concurso aberto a todos os lectores, e cun importante premio á mellor resposta. Só cambio a profesión dos protagonistas para adaptala aos meus obxectivos. Imaxinade, dígolle ao alumnado que tres persoas navegan nun globo aerostático: un bispo católico, un científico nuclear e un filósofo. Nun momento determinado da navegación, conclúen (non importa por que) que a única forma de salvar o globo, e de que non caia a terra, é que se tire un deles. Debedes razoar, aplicando a lóxica, cal debe tirarse.
Por Clara Rey (2º ESO) É un libro de poesía que trata sobre os sentimentos dun rapaz duns 16 anos ao que lle gustan moito os coches e facer carreiras. Gústalle facer derrapaxes e ir a moita velocidade. El pensa que ninguén o entende Eles, Coa súa lista interminable De fainos caso e deberías de, […]
É hoxe sábado, 21 de febreiro, o Día internacional da Lingua materna, mais no noso IES celebrámolo onte venres. Quixemos este ano realizar unha actividade dinámica e divertida durante os recreos que ademais servise para que a comunidade educativa se concienciase do que supón a perda de transmisión da lingua.
Post-it de colores nos que se poñían os desexos cara á lingua, nos que lle mandaban mensaxes de amor ou nos que se asinaba algún compromiso cara á lingua materna a cambio dunha piruleta de color azul.
A actividade tivo inmenso éxito de participación e todo o centro luciu entre os dous recreos as súas linguas azuis
No momento de descolgar a exposición de Castelao, avaliamos a actividade e recollemos que no centro repasamos moitos datos da súa vida e da súa obra. Gravamos ademais na retina debuxos de Cousas da vida levados a láminas xigantes. Visualizamos os vídeos coas estampas dos álbums da guerra… Pero ademais aprendemos un lote de detalles máis, curiosidades que non sabiamos, como que non naceu o día 30 senón o 29 ou que o escudo da capela de San Xosé foi o que o inspirou para o seu famoso ao que lle colocou o “Denantes mortos que escravos”. Pero tamén coñecemos unha información moi interesante sobre Castelao e a Rianxeira (que vos habemos contar no seguinte artigo referido ao autor)
Hoxe, venres 30 de xaneiro, foi o día! Pasamos toda a maña coa aula de usos múltiples dous ocupada. Entraban só 90 alumnos e alumnas de cada vez (non ten máis capacidade) pero a súa boa acústica permitía que se escoitasen perfectamente as distintas voces que, desde as 8,30 ata as 14,10, foron transformando as palabras do papel en sons. Desde 1º ESO a 2º de Bacharelato alí estivemos todos, alumnado e profesorado, tamén persoal non docente.
Xa temos aquí o número 18 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado e, ademais de distribuíla en papel coa axuda do Concello de Rianxo, enviala por correo electrónico a todos os membros da comunidade escolar que o desexen, tamén a deixamos no Bico da ría, unha das nosas ventás ao mundo.
Por Alba e Aitana
Os pasados días 29 e 30 de setembro, a agrupación teatral Quinquilláns fixo unha representación teatral polas rúas de Rianxo. O percorrido comezou na casa do concello, onde apareceron o Padre Leiro e o mariñeiro Manuel, que nos levaron á casa-museo de Manuel Antonio. No balcón da casa esperábanos Luciña, para empezar o ensaio da Fiestra Valdeira. Tras unha parada na taberna e diante da casa dos nosos máis ilustres escritores, chegamos á Praza da Igrexa, onde, por fin, puideron comezar a ensaiar.
Así o viviron dúas compañeiras:
Por Aida Barros (3º ESO B)
A actividade realizada o pasado martes pareceume moi entretida e instrutiva, pois á parte de entreter e divertir; amosounos, hoxe en día, un cachiño da historia de Rianxo.
Por: Raúl Castro Camiñar e camiñar cara o sol ou cara á lúa non sei que facer baixo a noite escura Camiñar e camiñar sen paradas nin distracción intentantando continuamente non perder o meu valor Camiñar e camiñar só ou acompañado o único importante é non vivir engañado Camiñar e camiñar sendo sabio ou ignorante, […]