Lorenzo Rodríguez Iker (2º BAC-B)
N.E.V.E.R.M.O.R.E
O pasado sábado 18 de marzo estreouse no auditorio de Rianxo a obra N.E.V.E.R.M.O.R.E ideada e creada pola compañía teatral Chévere e dramatizada e dirixida por Xron, na cal se relatan a xeito de documental os feitos sucedidos en novembro do 2002 co afundimento do Prestige e as graves consecuencias que este trouxo consigo para toda Galiza, sendo este feito ocultado e minimizado de todos os xeitos posibles ate que se fixo tan notorio que foi imposible seguir evitando o conflito.
No Ies Félix Muriel quixemos celebrar o Día Europeo das Autoras e Autores homenaxeando o escritor rianxeiro que lle dá nome ao noso centro, Rafael Dieste. Para iso, este pasado luns, xuntáronse 83 alumnas e alumnos para ler en conexión retransmitida en directo o seu libro de contos ‘Dos arquivos do trasno’. Deixámosvos aquí o primeiro dos dous vídeos onde podes ver e escoitar a lectura completa da obra. Felices lecturas! #ReadWithEurope
Por Xiana (4º ESO D) Martes 20-9-2022 Realizamos a moi esperada excursión a Londres. A viaxe comezou ás dúas da tarde, xa que a esa hora partimos en bus rumbo a Santiago. Unha vez chegamos ao aeroporto fixemos unha longa cola para coller os billetes e facturar a maleta. Cando iamos acabando pasabamos a comparar […]
por Carlota Somoza (4º de ESO) O 27 de Xaneiro o alumnado de 4º fixemos unha saída didáctica a Pontevedra para coñecer máis arredor de Castelao. De cara ás nove da mañá saímos do instituto. Unha vez alí separámonos en dous grupos, xa que iamos facer dúas actividades; un roteiro pola cidade e unha visita ao Museo […]
E unha nova entrega das Xornalistas do Muriel, nesta ocasión Sonia e Claudia entrevistan ao bailarín e coreógrafo Fan Sieira.
E unha nova entrega das Xornalistas do Muriel, nesta ocasión Sonia e Claudia entrevistan a Pedro Iglesias e Miguel García, dous dos tres compoñentes do grupo Ezetaerre.
Chéganos a última entrevista das Xornalistas do Muriel (Esta é unha actividade desenvolvida por Claudia GR, Sara TB e Sonia MI), nesta ocasión achegáronse ao concello de Catoira para falar moito e de vagar co que xa leva seis anos sendo veciño noso, o artista Roi Casal.