
O alumnado de 2º D entrou ata a cociña durante este terceiro trimestre. Primeiro, fixeron a recollida dunha receita tradicional dunha persoa informante da súa familia ou contorna, logo transcribírona e, posteriormente, traballaron na elaboración dos textos e de cadansúa edición. Asemade, foron investigando e coñecendo un feixe de vocabulario novo co que crearon unhas fichas moi vistosas. Todo o traballo axuntámolo neste volume anexo descargable de 142 páxinas baixo o título de ‘Unha manchea de receitas’ co obxectivo de preservalo e coidalo ao tempo que aprendemos a valorar o patrimonio das persoas que nos anteceden na vida. Oxalá vos guste, é voso!

O alumnado dos tres 4º da ESO elaboraron este Glosario de noso que recompilaexpresións epalabras que perciben en perigo ben por descoñecemento, por esquecemento ou castelanización. Mergulládevos nel!
Seis alumnas de 4º imparten as charlas das Letras a todo o instituto. Se premes na imaxe poderás ver a presentación que utilizaron.
Rianxo. 16 maio 2025.- Martes e mércores desta semana, o salón de actos do IES Félix Muriel de Rianxo acolleu as cinco exposicións que media ducia de alumnas de 4ºA realizaron para todos os niveis do instituto (agás 2º BAC) sobre o Día das Letras Galegas 2025, dedicado ás cantareiras e a poesía popular oral.
Do silencio á radiodiversidade é un programa de Radio Rianxo Fala, a radio do EDLG do IES Félix Muriel de Rianxo, realizado por Adrián Matilla Núñez, Sarai Miranda Benito, Iván Pardal Calvo e Saúl Teijeiro González, alumnado de 1º de ESO no curso 24-25.
Descarga aquí de balde o teu Almanaque Ano Castelao 2025
Alumnado de 4º de ESO do IES Félix Muriel vén de elaborar un calendario para este 2025, Ano Castelao, co fin de renderlle unha homenaxe máis ao noso insigne veciño, cando se conmemora o seu 75 cabodano, e contribuír á normalización da lingua conscientes como somos da dificultade de atopar almanaques nos que ver pasar os días no idioma que nos fai ser galegas.
Querido diario: 16/06
Estou farta da miña xeración. Cada día entendoa menos. Non ten sentido nada do que fan, xa empezando pola cantidade de cousas que queren aparentar cando realmente son persoas falsas que non saben máis ca criticar. E non só aos demáis, senón tamén entre eles cando alguen do grupo falta. Iso si, cando está diante é o que máis quere do mundo. Agh!
As Xornalistas do Muriel, Claudia G. e Sonia M. tráennos unha nova referente nos medios en galego, Carla Núñez, o 50% de Todo mal.