Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Cristina Cambeses Franco'.

Baixo unha personalidade, Camilo Sabio Doldán Patiño,  é capaz de reunir Antonio Riveiro Coello algúns dos acontecementos máis decisivos da historia galega. Nas Rulas de Bakunin non faltan mencións á represión, ó exilio, ao agrarismo, a restrición de liberdades, á guerra, ó cárcere… En resumo, ó temor intenso das paisaxes conmovedoras do pasado.


guerracivilDespois de lermos o libro estivemos a reflexionar sobre o que nel se nos presenta e agora deixámosvos aquí a nosa opinión.

En apenas unhas cantas páxinas Xosé Fernández Ferreiro é capaz contar unha historia  que recrea unha época crucial na historia de España e por extensión en Galiza.  Pero non o fai de calquera forma senón con realismo verista, crueza e eficacia narrativa.

Estivemos lendo Agosto do 36, un libro que se remonta ao inicio da Guerra Civil española, guerra na que os falanxistas xuraron limpar España de comunistas e herexes. Esta realidade faise patente coa historia de Sara e o seu marido, Gregorio,  unha parella de mestres de Abades de ideoloxía vermella, vítimas da trama dun asasinato coñecido como […]

A cuestión é pulpo ou polbo? Dous significantes que aportan un mesmo significado (Molusco mariño sen cuncha da clase dos cefalópodos de corpo globoso e oito brazos ou tentáculos con ventosas, chamados raxos) e varias opinións ao respecto dende xente que opina:  “polbo, polbo, polbo… que trapalladas son esas? Polvo é o de varrer e non hai máis, o que se come é o pulpo” ata outros que pensan que ampararse en que a realidade lingüística galega é a que sempre se lle chamou pulpo é tanto como dar oficialidade lingüística ao castrapo.

A semana pasada celebrouse  a primeira Festa da Patela en Rianxo. Tratouse dun evento dedicado á gastronomía relacionada coa pesca artesanal e o marisqueo no que tamén tivo cabida a cultura a través dunha homenaxe a Castelao. O venres 6 de decembro a banda da Escola de Música de Rianxo tivo o pracer de ser […]

Hai uns días, no colexio  Castelao de Rianxo, onde eu estudei, recibiron a visita  do escritor  de temática infantil  Xosé Carreiro Montero, máis  coñecido como Pepe Carreiro.PEPE CARREIRO

Este  vigués, humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada  é de sobra coñecido polos máis pequenos, xa que ademais de crear revistas como Can sen Dono e Xo! e ”A voz que para a bestas”;  escribir numerosas obras de humor gráfico (“Fraga na Galicia”, “Mellor que onte pero mellor que mañán “), cómics   para nenos(“Bule bule” e “Barbanzóns”) e colaborar  con viñetas para distintos medios (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Televisión de Galicia…)  é o creador da famosa serie  de contos infantís  Os Bolechas. Esta colección, de enorme éxito entre os máis pequenos, consegue iniciar na lectura a moitos nenos da nosa comunidade.

6 Artigos
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.