Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
¡Gañamos o 1º premio José Hermida!

Screenshot

¡Estamos de noraboa! O talento do noso alumnado volveu brillar, desta volta no mundo da comunicación. O IES Félix Muriel alzouse co primeiro premio na categoría de Secundaria dos prestixiosos Premios José Hermida de Radio Escolar.

Premio José Hermida 15

O noso podcast logrou conquistar ao xurado pola súa calidade e sensibilidade. Segundo o veredicto, o traballo destaca por tratar un tema esencial: a importancia do patrimonio material e interxeracional. Os membros do xurado non aforraron en eloxios, subliñando que o podcast conta cun “inicio potente, coordinado e abraiante” que conseguiu “enfeitizar” a quen o escoitaba dende o primeiro segundo.
Este galardón sitúa ao noso instituto no máis alto da radio escolar.
Queremos darlle os nosos máis entusiastas parabéns a todos os mozos e mozas que participaron nesta creación, demostrando que no Félix Muriel sabemos comunicar con forza e moito corazón. ¡Noraboa a todas e todos!

A cronoloxía:

TEASER do noso Cap. 1 de ‘Galicia, o país das Marabillas’.

Making of de ‘Galicia, o país das Marabillas’. A través do “como se fixo” porémoslles rostro ás nosas voces.

A versión amplia do PODCAST ‘Galicia o país das Marabillas’ (20′), aderezado con imaxes que acompañan o audio dos locutores/as e convidadas. Na descrición está a minutaxe de onde aparece cadaquén.

GRAZAS a: Xiana Portas 2’58″ / Maite Mosconi 6’55″ / Nati Rei 12’27″ / Carmen Ordóñez ‘Faustina’: 15’35″E mais aos nos@s locutores/as: Narciso, Mariña, Ahinara, Erik, Sarai, Saúl, Nerea e Saray.

ENLACE A PODCAST 20

 

A nosa galería de fotos:

1 2 3 Premio José Hermida 5 Premio José Hermida 6 Premio José Hermida 7 Premio José Hermida 8 Premio José Hermida 9 Premio José Hermida 10 Premio José Hermida 11 Screenshot Screenshot Screenshot Premio José Hermida 15 Premio José Hermida 16

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.