Imaxe de cabeceira
Sabías que...
É sexista a nosa lingua?

por Raúl Calvo Muñiz

igualblogmarin

Teresa Meana Suárez é filóloga e autora do libro “Porque las palabras no se las lleva el viento.Por un uso no sexista de la lengua”

Vivimos nunha sociedade que procura deixar atrás o patriarcado e ser, sobre o papel, a máis inclusiva e igualitaria posible, máis a pesares diso, sempre nos esquecemos á hora de utilizar a nosa linguaxe.

Historicamente, e tamén a día de hoxe, cando un rapaz pequeno pregunta como se distingue unha palabra feminina dunha masculina, tende a explicarlle que as femininas son as que rematan por –a, dando a entender que a forma feminina das palabras fórmase partindo dunha base masculina. Outra forma de explicar isto é á hora de dirixirnos cara un grupo de persoas, adoitamos apelar exclusivamente ao masculino, en vez de referirnos a ambos sexos, pois nestes casos habituamos referirnos a “todos” en vez de “todas e todos” ou “todos e todas”.

Habitualmente cremos que a sociedade so é machista en países cunha gobernanza antidemocrática, como no caso dos países do Golfo Pérsico, onde ademais existe unha notable misoxinia. Pero, pola contra, outros países, os cales denominamos desenrolados, tamén teñen sociedades cunha antiga tradición machista, que aínda perdura, de maior ou menor maneira, na actualidade, como é o caso de Reino Unido, onde a día de hoxe moitas mulleres perden o seu apelido polo do seu marido, e no caso dos nenos e nenas, só herdan o apelido de seu pai.

Despois disto, aínda toca facer unha reflexión a nivel global e como sociedade, pois nada é como parece ser, nin como nolo fan ver. E en canto á lingua e á nosa forma de empregala, deberiamos de tentar mudar os costumes patriarcais que herdamos e volvernos máis inclusivos á hora de utilizala.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.