Na actualidade están presentes diversos prexuízos sobre a lingua galega, que fan que esta se vexa desvalorizada e incluso substituída por outra máis prestixiosa, como é o caso do castelán. Isto non é responsabilidade de ninguén máis que das persoas ignorantes e sen pensamento crítico, que pretenden con estes pensamentos anular a unha lingua e ao mesmo tempo a todo o que se atopa detrás dela.
Para comezar, atopámonos coa seguinte afirmación “Eu uso o galego se quero, e se non, non. Porque ninguén me vai a obrigar´´. Esta frase dita por un funcionario da administración galega, reflexa unha gran negación da súa propia lingua e por conseguinte un claro prexuízo sobre ela. Para alguén que escolleu traballar nunha administración galega de cara ao público, non debería ser un incumbinte e moito menos unha obriga o feito de falar en galego. O único pensamento coherente desta afirmación é o feito de que ninguén pode obrigar a ninguén a falar unha lingua, iso é certo, pero no momento no que a túa propia lingua é para ti unha obriga, tes un gran prexuízo. Ver o galego como unha lingua imposta cando esta é a lingua propia do lugar, é un prexuízo cada vez máis presente.
A continuación temos a seguinte afirmación “Quen teñen dereito son as persoas, non as linguas nin os territorios´´. Aquí atopámonos fronte a unha afirmación totalmente errónea, alguén que afirme isto, é alguén que fala da lingua dunha forma pexorativa e que a súa vez non contempla a posibilidade de que para poder exercer o uso correcto dunha lingua, esta ten que ter dereitos. Se nos informamos en fontes como unha revista de antropoloxía social, atopámonos cun artigo sobre os dereitos humanos e lingüísticos. Os dereitos grupais así como os lingüísticos foron definidos como parte do dereito internacional pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos; co cal é máis que evidente que a afirmación anterior está dita por alguén desinformado e con diversos prexuízos sobre a importancia das linguas.
Para concluír, cada vez son máis os prexuízos que rodean as nosas linguas, concretamente o galego; e se non comezamos a derrubalos agora, anularán e eliminarán a nosa lingua. Con respecto ás afirmacións anteriores, non é lóxico nin correcto ver como lingua imposta aquela que é lingua propia, nin sentir obriga por falala. Por conseguinte, tampouco o é sentir que unha lingua non debería ter certos dereitos, sempre hai que pensar que unha lingua ademais de ser unha ferramenta de comunicación, tamén é cultura e a sociedade en si que a fala; e iso dende o meu punto de vista debe ter tantos dereitos como calquera outro factor.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]