Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
A lingua galega

Ata os 7 anos eu falaba castelán, malia que meus pais sempre me falaron en galego, pero tiña unha curmá que falaba así, e como quería ser como ela pois eu tamén falaba igual. Un día na escola, un compañeiro da miña clase díxome que non se era galego se non se falaba en galego. Foi nese intre no que cambiei de lingua, xa que eu quería ser galega, porque así me sentía.  Mais que é ser galego? Que é sentirse galego? É o máis complicado, como lle explicas a alguén non galego o que é sentirse dese xeito?

Ser galego é queixarse cando non che traen tapa nun bar mentres te ris dos veraneantes que non entenden as mareas e aparcan os seus coches nas rampas do porto. Ser galego é  recorrer todas as verbenas dos pobos no verán, ir á praia con pouca calor, un suadoiro e para a praia. Ser galego é disfrutar do cocido da avoa, dun paseo polo Obradoiro,  dun concerto na Praza da Quintana cun posterior paseo polas ruelas de Belvís. Ser galego é emocionarse cando ves a primeira orquestra do verán e berrar que poñan Los Suaves como  cancións de fin de festa.

Mais agora ben, máis alá das cousas que nos definen socialmente, está na nosa idiosincrasia ser persoas un pouco frías ao primeiro mais moi hospitalarios ao gañar confianza chegando a ser moi leais coa xente que queremos. Non se di o mesmo da xente doutras zonas de España pero de nós, os galegos, sempre se dixo que somos humildes, legais e honestos.

A sociedade galega foi reprimida dende a Idade Media ata os días de hoxe, máis o galego perdura grazas ao pobo. Sufriu unha gran represión durante a ditadura franquista e outra vez máis o galego sobreviviu. A nosa lingua pasou por miles de problemas, mais grazas á comunidade de Galicia, a súa forma de ser e a unión do pobo puido sobrepoñerse a todo iso.

A lingua galega é o que con diferenza nos fai sentir que pertencemos a unha comunidade, é o noso selo persoal, o que nos fai diferenciarnos do resto dos lugares do mundo. Alí a onde imos co noso acento por diante xa falemos inglés , castelán ou suahili.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.