Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Por que, coas mesmas leis na man, o éuscaro cada ano gaña falantes e o galego pérdeos? (por Rita Moares)

Se imos a unha aldea do País Vasco e a unha galega decatarémonos de que en ambas se fala o idioma propio de cada unha pero se imos ás cidades, no caso de Euskadi veremos unha escalada no seu uso. En Galiza iso non ocorre tan facilmente.

O éuscaro e o galego teñen o mesmo status oficial xa que son consideradas linguas cooficiais co castelán nos seus respectivos territorios. Pero as cifras do Goberno Vasco afirman que nos últimos vinte cinco anos o euskera gañou 223.000 falantes e continua día a día. Pola contra, o Instituto Galego de Estatística revela que se perderon máis dun 8% de galegofalantes en tan só cinco anos.

Isto é, moi probablemente, debido aos diferentes prexuízos establecidos, dende hai séculos en Galiza, sobre o galego que fan que deixe de usarse e non se transmita de xeración en xeración. Non ocorre así en Euskadi, alí a poboación en xeral ten unha conciencia lingüística positiva sobre o seu idioma e ben estruturada.

O Goberno Vasco estableceu que ao acabar os estudos, os adolescentes deben ter garantido un nivel moi alto de éuscaro o que implica que para acadalo favorécese impartir moitas materias nel. Por ouro lado, aínda que en Galiza xa existen estatutos coa finalidade de favorecer e promover o uso do galego, parece ser que estes non se levaron a cabo correctamente xa que moitos estudantes remataron o ensino obrigatorio sen dominar a fala da lingua galega.

Como é lóxico, moitos pais vascos queren que os seus fillos reciban unha educación en éuscaro e que o castelán só sexa unha materia máis. Pola contra, en Galiza, adoitase crer que é mellor unha educación en castelán porque considérase que o galego só serve no territorio galego e non é relevante estudalo sen ter en conta, só por poñer un exemplo, todos os países da lusofonía.

En conclusión, parece que aos galegos presentáselles un grave problema, pois os prexuízos e a súa conciencia negativa do idioma non lles permiten avanzar no proceso de normalización lingüística e por isto pérdense galegofalantes diariamente. Unha forma de solucionalo, podería ser facer aínda máis fincapé e destinar máis recursos e esforzo educativo a favorecer un amplo, e real, coñecemento do galego na saída do estudos obrigatorios e incluso poñer unha proba obxectiva para saber se realmente isto se cumpre, así como afondar na posta en valor dun idioma que é identitario do noso pobo.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.