Ciclo Camiñando entre mulleres: Lupe Blanco
O 21 de febreiro e dentro das actividades do Ciclo Camiñando entre mulleres, o noso alumnado de 1º de ESO tivo o pracer de desfrutar dun obradoiro impartido pola regueifeira Lupe Blanco.
Lupe Blanco é pandereteira dende os sete anos e entrou no mundo da regueifa seguindo ao seu bisavó Blanco de Muiñoseco, considerado o padriño da regueifa en Bergantiños. Na actualidade está considerada unha das mellores regueifeiras de Galicia pola conservación das tonadas características de Bergantiños.
Tras un obradoiro tremendamente interesante, no que o noso alumnado participou e colaborou mostrando en todo momento o seu interese, tivemos a oportunidade de entrevistala para Radio Rianxo Fala:
Aquí vos deixamos a súa entrevista :
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]