Uns meses atrás, saltaba a noticia de que máis de vinte familias españolas quedaran atrapadas en Kiev. O motivo? Poderíamos pensar nalgún problema coa compañía aérea ou mesmo nun secuestro. Pero en realidade, non podían volver a España debido a que o consulado español en Ucraína negábase a inscribir no rexistro civil aquilo que foran buscar ao estranxeiro con tanta ansia. Si, bebés os cales están a punto de converterse no souvenir máis demandado. Estas vinte familias pagaran entre 40000 e 60000 € por unha xestación subrogada, máis coñecida como ventre de aluguer.
Esta práctica consiste nunha reprodución asistida a través da cal unha muller (a xestante) leva o embarazo correspondente a outra persoa, xeralmente este proceso lévase a cabo a través dunha fecundación In Vitro. A razón pola cales esas familias quedaran atrapadas, foi por que en España esta práctica está prohibida pero en países como Ucraína, Xeorxia ou Canadá, non. A partir deste caso de actualidade, apareceu de novo o debate? É moral pagarlle a unha muller para que xeste ao teu fillo?
Por unha parte, existe o argumento que defende que non existe diferenza algunha entre a adopción e o ventre de aluguer, pois, se as dúas ao fin e o cabo teñen a mesma finalidade, por que unha está ben e outra mal? A realidade é que cando unha familia decide adoptar, está brindándolle un fogar a un neno ou nena que non o ten, en cambio no caso ventre de aluguer unha familia establece un contrato cunha muller que ao cabo dos nove meses deberá entregar ao seu fillo. Deste xeito convértense ás mulleres “paridoiras” a soldo, pois unha familia aprovéitase da precaria situación económica que sofre dita muller para obter o beneficio que desexan.
Á hora de debater un tema como é o dos ventres de aluguer deberíamos ter en conta as palabras de Ana Trejo, da asociación “Stop Ventres de Alquiler”, “Os seres humanos non poden regalarse nin comprarse, aquí os pobres venden e os ricos compran”.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]