Cada semana a veciñanza de Rianxo protesta fronte ao Centro de Saúde para esixir máis servizos no turno da tarde.
A necesidade de que no centro de saúde de Rianxo haxa un servizo de urxencias pola tarde provoca cada semana unha protesta fronte ás portas do edificio.
Xa pasaron un total de catro meses e aínda non conseguiron resultados. Por iso, este venres, ao igual que o pasado, e o pasado, e o pasado…os veciños de Rianxo volverán a presentarse ante as portas da clínica reclamando un servizo que o resto de centros de saúde do Barbanza teñen xa normalizado.
Os cidadáns só poden acudir cunha urxencia pola noite, xa que, polas mañás só hai consultas, e pola tarde outro tanto. E aínda máis, a diferenza da mañá, pola tarde só hai dous médicos en todo o centro, e ás veces nin iso. No caso de que os pacientes deban ser atendidos con rapidez deberán ir a outro concello ou directamente ao hospital de Santiago, e todos sabemos que en trinta minutos de camiño, sen coidados ningúns, pode pasar moito…
Por iso, o pobo non se rendirá, queren servizos mellores, e quérenos xa.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]