Imaxe de cabeceira
Deportes
Subcampioas de España (por Mauro Riveiro)

Hai xa un mes, o sábado 27 de abril o equipo feminino cadete do Club de Remo de Rianxo logrou a clasificación para a final do campionato español deste deporte. Quedaron primeiras da súa tanda superando a rivais do País Vasco e lograron o mellor tempo xeral. Este tempo levounas a que ese domingo remaran en Vigo a gran final.

O equipo está formado por varias compañeiras do noso centro educativo: Paula Iglesias, Tania Vicente, Adriana Vázquez e Uxía Castiñeiras, e. Inés Martis e Laura Martínez, alumnas doutros institutos.

A bandeira levouna o Club de Remo A Cabana de Ferrol, pero por moi pouco, Rianxo quedou segunda só por dous segundos de diferenza. Lograron o subcampionato, a medalla de prata, cun cómodo tempo fronte ás terceiras, máis de oitos segundos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.