José Andrés Che Tembra naceu en Taragoña no ano 1955, mentres Galicia se recuperaba dos estragos da guerra. Dende o primeiro momento que entrou nunha forxa quedou fascinado da forma de traballar o ferro, e quixo saber máis deste oficio.
Co paso do tempo converteuse no ferreiro de Taragoña. Todo acontecía dun xeito normal, ata que un día cambiou a súa forma de pensar, unha nova idea brotou nel. Observou como outras persoas creaban obras propias, e el tamén quixo facer algo semellante. Normalmente, copiaba representacións feitas por escritores famosos, como poden ser: Castelao, Picasso…etc. Mais todo artista ten que facer invencións só súas, e Che Tembra non foi menos. Débese recoñecer que o seu esforzo foi moi apreciado, pois hai máis de 400 exposicións elaboradas por el en salas de diferentes museos, algunhas fóra de España.
As súas creacións transmitían ideas moi diferentes: a muller traballadora, as letras galegas, Castelao, o cal foi unha gran inspiración para Che, que agradece todo o que fixo o escritor polos rianxeiros e galegos no tempo de guerra. Ademais, o famoso autor representa ao bisavó de Che nun cadro chamado: “O cego de Taragoña”, acto moi significativo. No entanto, volvendo ao tema anterior, outro dos asuntos no cal se centra Che na elaboración de moitos cadros é a guerra, que sen dúbida deixou unha marca nel. Protestou por cada unha das barbaridades que facían os soldados, ou pola desconsideración dos presidentes e curas que non mostraban ningún interese pola poboación.
Cada un dos materiais que usa son reciclados, (polo que os recolle nos contedores ou pídellos á xente do pobo), fai el mesmo as táboas de madeira onde realiza moitas das obras, e pasa noites sen durmir para facer pequenas pezas. Estes son algúns dos sacrificios que ten que facer Che para elaborar un fermoso cadro, sen deixar de traballar na forxa. No entanto, asegura que vale a pena, pois o que el crea é outra forma de expresarse, unha maneira de transmitir o seu odio contra o inxusto, como por exemplo, os actos do antigo cura da vila, que unha vez encadeara ao seu avó nos calabozos, aínda que polo menos non lle quitou a vida como fixo con outra persoas.
Na actualidade, Che Tembra mantén o oficio de ferreiro, expresándose a súa maneira, sen deixar nunca de crear obras tan marabillosas e únicas como o ramo de rosas que está fabricando para un cadro de Rosalía. Así é, e así seguirá.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]