AGADEA é unha asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias. O fin da asociación é axudar tanto aos enfermos con demencia como aos seus familiares ou coidadores principais. Tamén nos acompañaron na Semana Solidaria. Os obxectivos que persegue son:
1- Prestar asistencia psicolóxica e moral aos familiares dos enfermos de Alzheimer e outras demencias similares, así como asesoralos en materias legais, sociolóxicas e económicas.
2- Axudar a optimizar a asistencia aos enfermos para mellorar a súa calidade de vida o máximo posible.
3- Sensibilizar á poboación xeral sobre a problemática da enfermidade a través dos medios de comunicación e de distintos estamentos públicos.
4- Manter contactos con asociacións e entidades dedicadas ao estudo da enfermidade para estar ao día sobre os avances científicos que se vaian producindo.
AGADEA é unha asociación sen ánimo de lucro, organización non gobernamental (ONG), constituída o 25 de marzo de 1994, por un grupo de familiares de enfermos de Alzheimer para buscar xuntos respostas, compromisos, apoios e recursos necesarios.
AGADEA foi declarada de utilidade pública no ano 2008, nº 2698/SD.
Foi no ano 2005 cando AGADEA comezou a desenvolver terapias de estimulación cognitivas e psicomotriz para persoas con deterioro cognitivo lixeiro e persoas con Alzheimer e outras demencias en grado leve e moderado.
No ano 2010, AGADEA asentouse no Concello de Ribeira comezando a xestionar o Centro de Dia de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas da rede pública galega de Alzheimer
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]