Por Marta Figueira, Sabela Loureiro (1º ESO A)
O pasado venres 2 de febreiro, visitounos Marcos Botana, peliqueiro de Castro, no concello de Laza. Explicounos as diversas prendas que visten, o ritual que teñen para poñer o traxe e o procedemento que seguen para completar a súa aprendizaxe. Quedounos moi claro que o de peliqueiro non é un disfraz, é un traxe e Marcos lévao con moito orgullo e respecto.
Todo o alumnado de 1º ESO puidemos ir escoitalo. Para os que non puidestes ir e tendes interese en saber máis sobre este entroido tradicional, podedes escoitar a entrevista que lles concedeu aos nosos compañeiros (Alex e Raúl) no seguinte video, montado con imaxes e vídeos que el mesmo nos falicitou e outras que atopamos pola rede. Non o perdades!
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]