Hoxe luns, 20 de novembro arrancaron as actividades da SEMANA 25N2017. Comezamos coa recollida de roupa para facer unha intervención no centro. Durante toda a semana imos ir colgando pezas no corredor principal manchada de tinta vermella (simbolizando o asasinato machista) ou rachada (violencia machista) ou tal cal a deixaron nos roupeiros as mulleres que xa non están e non a van volver vestir.
Tamén comezamos co inicio de proxeccións de curtas e músicas contra a violencia machista no corredor. Deixámosvos os enlaces de todas elas:
- CURTAS: 1º RECREO (proxección no corredor central)
- Convidados de pedra (luns )
- Xogo de nenos ( martes)
- Corazón amoratado ( mércores)
- Un día normal (xoves )
- Querido papá… (venres)
- CANCIÓNS: 2º RECREO (proxección no corredor central)
- Concordias de papel (Sés)
- Mi hombre (Nacha Guevara)
- Salir corriendo (Amaral)
- Malo (Bebe)
- Ay Dolores! (Reincidentes)
- My man (Billie Holiday)
- Antipatriarca (Ana Tijoux)
- Nanai (Mala Rodríguez)
Cada día da semana está dedicado a traballar un aspecto, o luns os micromachismos, o martes o sexismo, o mércores o machismo e o xoves o feminismo. Xa o venres imos ter diferentes actos no centro, que van desde un par de actuacións de Soledad Felloza para o alumnado de 1º e 4º ESO, ata a lectura dun manifesto que están elaborando alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e que se vai ler diante do Grafiti contra a violencia machista que xa está preparado nunha parede do patio.
RECURSOS PARA UTILIZAR :
Micromachismos:
Sexismo
Machismo
FEMINISMO
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]