Intercambio entre o alumnado de portugués do noso IES e estudantes de Vila do Conde

O intercambio realizouse entre o alumnado que estuda portugués no IES rianxeiro e o alumnado que estuda español na escola portuguesa. Previamente, o 3 de marzo pasado os estudantes do Félix
Muriel foran a Portugal.

A xornada transcorreu primeiramente no instituto, onde se lles explicou desde o funcionamento do centro e o sistema educativo na nosa comunidade ata a realidade lingüística existente na que conviven o galego e o castelán. Visitaron distintas dependencias e acabaron no patio compartindo xogos populares, algúns comúns a ambos lados da fronteira. O xantar fixérono na praia da Torre e pola tarde estiveron coñecendo o Museo do mar e facendo un paseo guiado pola vila de Castelao da man dos técnicos do Concello.


Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]