Por Ricardo Mosquera (3º ESO)
O pasado venres día 5 de Maio, parte do alumnado que colaboramos en Normalización, fixemos un intercambio co alumnado do Equipo do IES Aquis Querquernis de Bande.
Á chegada recibironos no seu local de traballo, no instituto. Un rapaz e unha rapaza, gañadores dun concurso de relatos a nivel galego, interpretáronnos os textos cos que gañaron. Logo mesturámonos nos autobuses para irnos coñecendo.
Visitamos os lugares máis rechamantes dos arredores coma o Concello de Lobios; o campamento romano e a Igrexa visigótica de Santa Comba.
Xa se fixo a hora de xantar e paramos no pavillón onde aproveitamos para xogar un anaco. Despois do xantar fomos visitar os miliarios de Portela do Home. Logo fomos dar un paseo polo río Caldo, chamado así polas augas termais que afloran en diferentes puntos do seu percorrido. Algúns de nós bañámonos e pasamos un bo momento cos rapaces e rapazas de Bande. Ao pouco xa chegou a hora de arrancar, despedímonos dos compañeiros e compañeiras e puxemos rumbo a Rianxo.
Para rematar, decirvos que foi un día no que aprendemos moito da cultura de Bande e coñecemos e falamos con máis galegos e galegas. Esperamos atopalos a todos en Rianxo o vindeiro día 2 de xuño.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]