Imaxe de cabeceira
Varia
Territorio e Creación: Interesante Concurso da Universidade de Vigo

Por Fátima Ordóñez e Laura Conde 2ºBach A.

 2017_territoriocreacion

A Universidade de Vigo vén de convocar dous concursos dirixidos ao alumnado de 4º de secundaria e bacharelato dos centros de ensino de Galicia. Estariamos a falar de dous tipos de concurso. Por un lado, unha creación literaria, xa sexa en verso, prosa ou en forma de videopoema. Por outro banda, unha investigación lingüística en microtoponimia, en onomástica, en campos semánticos, en dialectoloxía, en sociolingüística…

O primeiro destes é “I Premio de Creación Literaria Literatura Galega «Cumieira das Cantigas»”. Consiste na creación dun texto orixinal, en prosa ou en verso, redactado integramente en galego, presentado en forma de videopoema ou calquera outro formato dixital.

O segundo, “I Premio de Investigación Lingüística e Etnografía sobre lingua e cultura galega «Marcosende»”. Consiste na creación dun traballo inédito, que abrangue calquera tema lingüístico e etnolingüístico. Unha vez máis, o traballo ten que estar redactado integramente en galego. Presentarase en formato electrónico, individualmente, ou ben polo método tradicional, é dicir, por correo postal.

Data límite de presentación: 28 de abril de 2017. A resolución do xurado publicarase o 9 de xuño do mesmo ano.

Haberá tres premios. O primeiro gañará unha tableta e un diploma, o os dous seguintes cadanseu libro electrónico, cargado con 10 obras de literatura universal galega, máis un diploma.

Animádevos a participar! Para máis información, aquí Concurso territorio e creación ou no local de Normalización.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.