Dende o inicio dos tempos existiron os muros, os seres humanos amontoaban pedras para protexerse dos animais salvaxes, creando así as paredes das súas primeiras casas, logo comezaron a cercar áreas máis extensas para protexerse ó mesmo tempo doutros seres humanos, nacendo así as primeiras fortificacións.
Quizais o primeiro gran muro construído polos seres humanos foi a Gran Muralla China, creada no século V a. C, esta é un claro exemplo do que podemos chegar a facer para protexernos, seguen a esta construción moitas outras, como a muralla de Lugo ou a Gran Muralla de Zimbabue, todas elas de carácter defensivo, ata que chegamos a actualidade, grandes muros e murallas construídos para aumentar as desigualdades, o racismo e as mortes.
O muro de Berlín foi a primeira delas, dividía esta cidade en dous bandos, separou a veciños, amigos, coñecidos, familias… e mesmo os enfrontou, creado por Hitler e destruído anos despois. Na actualidade existen muros que impiden as persoas emigrar a outros paises de xeito ilegal, como é o caso da fronteira de Melilla ou a de México, que os separa de EEUU
Tres días despois da vitoria de Donald Trump en Estados Unidos chegou a orde executiva firmada por el autorizando a construción dunha barreira infranqueable de catro metros de altura na fronteira sur, isto trouxo consigo unha gran conmoción mundial, xa que moi pouca xente se esperaba que cumprira as súas promesas electorais, por dúas razóns principalmente, a primeira: confiabase nun maior control por parte dos demais órganos executivos, xudiciais e lexislativos e a segunda porque a maioría das promesas electorais quedan no esquezo, tal e como debeu acontecer con esta.
Na actualidade existen 1.050 quilómetros de muros e vallas construídas que separan a fronteira entre México e EEUU, mais o seu total conta cuns 3000 quilómetros de lonxitude. A distancia restante tal e como indicou Trump na súa campaña será pagada polos Mexicanos:” A barreira será financiada inicialmente por Estados Unidos, logo México reembolsará o 100% do custo”, ” Haberá un pago, que sucederá dalgunha forma, quizais dunha forma complicada” afirmou nunha entrevista realizada pola ABC.
Isto non é a solución para frear a emigración, xa que o único que se consegue é aumentar o número de vítimas. Na actualidade os inmigrantes deben camiñar dous días polo deserto de Sonora; co futuro muro, ata seis días. Estas persoas buscan unha vida mellor e para iso, diríxense ós puntos débiles da fronteira, e atravésana, sabendo as consecuencias que isto lles pode traer.
A futura construción non afecta soamente aos seres humanos se non que tamén ó medio ambiente, a vida de decenas de especies quedan ameazadas pola presenza do muro, xa que lle impide migrar cara diferentes puntos onde pasar o inverno e o verán. Pero que esperar dun presidente que nega a existencia do cambio climático, e que fai declaracións misóxinas, homófobas e machistas.
As medidas tomadas por diferentes dirixentes de distintas potencias, entre elas Trump, están acabando co mundo tal e como o coñecemos, a inestabilidade política chega, os partidos de ultradereita aséntanse, asemella que camiñamos cara a última gran guerra, última porque non vai quedar ninguén para contala.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]