Queres máis?
Se gostas dos libros e tes fame de lecturas apúntate a este novo reto que te propoñemos dende o EDLG e a biblioteca:
Elixe para ler os libros que che gusten dos que che recomendamos ou os que ti queiras.
Os títulos que che recomendamos pódelos ver no taboleiro que está xunto á biblioteca.
Escribe un comentario de cada libro, segundo os vaias lendo e envía o texto e/ou imaxes ao correo da biblioteca: bibliofelixmuriel@gmail.com
Ao rematar o trimestre quen teña participado maior número de veces, lendo máis libros e escribindo unha reseña na revista bicodaria.gal recibirá un PREMIO ( o número mínimo de artigos publicados para poder participar será de tres).
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]