Por Manuel Losada Figueira (2º ESO E)
Os Rosales foi un grupo de músicos tradicionais de Asados, Con cello de Rianxo. Eran asiduos das festas populares e romarías de toda Galicia.O grupo caracterizábase en que moitos dos seus temas eran cantados. O repertorio tiña temas de composición propia pero con raíces da tradición musical galega, que lle daba un carácter moi especial a este grupo de gaitas.
En Asados naceu no 1931 Pepe Romero, cabeza desta singular familia de músicos. Desde moi novo xa tocaba con rudimentarias frautas feitas de cana que el mesmo fabricaba. Aos 12 anos estreou a súa primeira gaita e aos 14 xa tiña un cuarteto propio.
Agora mesmo , Pepe Romero está recoñecido coma un dos mellores gaiteiros de Galicia, e ten escrito un repertorio que interpretan moitos outros gaiteiros por todo o territorio. Tres dos seus fillos son tamén gaiteiros .
Cando Pepe Romero fala da gaita di:”…A gaita non é coma os demais instrumentos, que soan fóra de quen os toca, a unha certa distancia do corpo. A gaita, cando a toco, téñoa pegada a min, envolvéndome, case formando parte do meu corpo…”
Maruxa é a muller de Pepe Romero e comenzou a tocar no grupo no ano 1962 e conta, que foron uns comezos moi difíciles. Nunca se vira antes a unha muller tocando de festa en festa nun grupo de gaitas, pero o feito tivo gran aceptación. Maruxa toca o bombo, e é a voz solista, o que constitúe unha das peculiaridades dos Rosales.
Dous dos seus fillos, Mario e Sandra, formaron parte do grupo hasta o 2003. Estiveron na Expo de Sevilla , onde tocaron no pavillón de Galicia, así coma en Madrid, e Bruxelas.
Pepe e Maruxa son moi queridos en Rianxo, e participan en moitos actos culturais. Hai pouco colaboraron no festival de música tradicional organizado por Vai de Roda.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]