O pasado 21 de decembro celebrouse, no noso IES, unha xornada adicada a realizar unha xincana para dar a coñecer a música galega. Nesta, organizáronse diversas actividades destinadas a despertar o interese do alumnado pola música propia de Galicia, debido a que moitas veces esta é ignorada á hora de ampliar coñecementos e gustos, chegando a resultar practicamente descoñecida, sobre todo nas novas xeracións.
A estas actividades (de asistencia obrigatoria) debían acudir alumnos de entre primeiro de ESO e segundo de Bacharelato. O interese amosado polos máis pequenos do centro foi abrumador: os obradoiros víronse provistos dunha enorme participación e dun inesperado interese. Isto, por suposto, aumentou as ganas cas que os organizadores afrontaban o proxecto. A nosa sorpresa chegou cos alumnos de Bacharelato, soamente asistiu á xornada un número reducido de alumnos de primeiro, os cales non eran moi participativos , por outra banda os nosos compañeiros decidiron manterse exentos, o que causou en nós unha gran decepción, xa que somos nós os que mais actividades demandamos.
O karaoke, a banda de música, o grupo de jazz e o obradoiro de baile galego, foi acollido cos brazos abertos, por parte do alumnado e profesores todos agardaban aprender dos diferentes ámbitos da música galega.
Finalmente a xornada rematou cunha actuación do grupo Os Rosales, que animou a todos os asistentes e puxo a parte do alumnado a bailar. A actividade foi un gran éxito e rematamos todos cun doce sabor de boca dispostos a disfrutar das vacacións de Nadal.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]