Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Castelao
Conmemoración do 66 cabodano da morte de Castelao

Por Fátima Ordóñez (2º Bac. A)

IMG-20170107-WA0014A importancia da figura de Castelao na literatura e na cultura galega é inmensa. Proba disto foi a gran conmemoración do 66 cabodano da súa morte que tivo lugar no Panteón de Galegos Ilustres, xusto diante do sepulcro do propio rianxeiro, organizada pola Fundación Castelao o pasado 7 de xaneiro.
O alumnado do ENDL do IES de Rianxo foi convidado a asistir ao acto e participar na lectura de varios fragmentos do seu famoso discurso “Alba de Gloria”. Este era pronunciado o 25 de xullo de 1948 (dous anos antes da súa morte) dende Bos Aires. O inicio do discurso constitúe un dos textos máis emocionantes escritos dende o exilio galego. Cos miles de quilómetros de separación da súa propia terra, Castelao naquel día da festa nacional sente e evoca a terra da que se exiliou despois do golpe militar.

O acto comezou coa actuación dun estupendo grupo musical que interpretou algunhas das cantigas máis famosas da nosa literatura como as Cantigas de Santa María. De seguido interviña o presiden

te da Fundación Castelao, Carlos Mella, o cal expuña a grandes trazos a todos os alí presentes, algúns dos feitos máis salientables da obra e vida de Castelao e a importancia que tiña o presente día. Foi unha mágoa a resonancia da sala xa que dificultou escoitar de todo ben as súas palabras.

IMG-20170107-WA0013Trala súa presentación, volvía actuar o grupo musical. Unha vez que remataron, tocaba a nosa intervención. Cabe destacar que tivemos que obviar algúns anacos do discurso debido á súa longa extensión, máis a pesar diso, a lectura que realizamos saíunos moi ben. Mesmo a propia muller de Carlos Mella nos dou os parabéns persoalmente. Dito isto, a encargada de iniciar o discurso foi Amanda, de seguido continuaba eu, despois María e finalmente remataba Bernal.
IMG-20170107-WA0012

Así foi como dou comezo o final do acto. Que mellor forma de pechalo que cantando entre todos e todas o Himno Galego xunta o sepulcro de Castelao!

Foi un verdadeiro privilexio poder asistir á conmemoración e unha gran experiencia máis aló da importancia que tiña o día en si mesmo.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.