A Música en Galego no Félix Muriel
No noso IES disfrutamos durante todo o trimestre dunha nova exposición sobre música galega ou música en galego. Estivo a disposición de toda a comunidade educativa no corredor do edificio principal e conta con cartaces de grupos musicais galegos actuais.
Durante estas semanas puidemos escoitar a súa música durante os recreos, pois proxectamos algúns dos vídeos dos diferentes grupos. Tamén houbo posibilidade de que o alumnado puntuase e gañase un premio.
A información sobre os diferentes grupos musicais tamén está dispoñible na nosa páxina web Rianxo Fala, na que hai enlaces para escoitar e ver unha selección de videoclips. Tende en conta que son todos os que están, pero, por falta de tempo… aínda non están todos os que son!
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]