Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Videoconsolas sen xogos en galego

Por Vicente Cores,  Damián Castro e Manuel Conde  (2º ESO)

         Deixámosvos este vídeo que acabamos de facer sobre as consolas, no que vos explicamos algunha que outra cousa do que sabemos sobre elas e sobre todo queremos denunciar que non hai xogos en galego.

Unha consola é un aparello que serve para xogar a videoxogos e mais navegar por Internet, especialmente  nas máis modernas.

Como en todas as cousas, existen distintas marcas que compiten entre elas. Entre todas as marcas sobresaen Nintendo, Sony e Microsoft.

Cada marca ten distintas consolas, algunhas son portátiles e outras de mesa, estas conéctanse ao televisor e á corrente eléctrica, unha das vantaxes e que teñen moita mais memoria ou que non se quedan sin batería (a non ser, claro, que se vaia a corrente).

Cada casa de consolas ten os seus propios mandos, ainda que sexan case todos copias de mandos de Nintendo.

Unhas marcas como Sony e Microsoft fan xogos para adultos mentres que Nintendo se centra máis na xente nova. Isto apréciase nos gráficos dos xogos (os das dúas primeiras marcas son máis realistas e sanguiñentos).

Os xogos das consolas varían moito, dende xogos de aprendizaxe (idiomas, bailes, profesións…) ata xogos de disparos. Cada xénero está dirixido a un público, segundo os distintos contidos. Os distintos xéneros permiten que nenos de 3 anos e de 18 poidan divertirse nunha mesma consola. Inda que por mala sorte para estas consolas non hai xogos en galego.

O prezo tamén se diferenza entre as distintas marcas, en Nintendo o prezo medio nas consolas é de 160 euros, en Sony e de 400 euros, e en Microsoft e de 500 euros.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.