O grupo de alumnas e alumnos do ENDL que están a poñer en marcha a nosa radio escolar recibiron a última parte da formación técnica este pasado luns, 1 de febreiro. Xa case todo está a punto para que o primeiro programa saia nas ondas. Estade atentos e atentas porque á volta do entroido vai haber sorpresas!
Despois de aprender a facer unha escaleta, tras ter organizado os subgrupos de traballo, despois de pelexarnos cos micros novos para comprobar como funcionaban, tras aprender o mínimo para montar as gravacións, despois de deseñar a sintonía, tras averiguar como tiñamos que baixar e subir a música na entrada do informativo… xa temos todo a punto. Só nos falta quedar un día para facer a primeira emisión… E ese día está cerca. E iso sen termos mesa de mezclas… que cando a consigamos…
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]