Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Creador@s
Canción das frautas

Por José Nine Ces

Tema composto orixinalmente para o documental Naviegos e vosoutros arraianos, realizado por Ovidio Fernández e gravado nos estudos da RTVG no ano 2001. Para a música deste documental, contan co grupo de Jazz ADN formado por José Nine aos saxo e frautas, Manuel Gutiérrez ao piano, Rafa Morais ao baixo e LAR Legido á batería. Os temas gravados por ADN este documental foron:

Minor Blues, TDT, Navia, Canción dás frautas, Zipitrón, Tira millas, Salvavidas 1, Salvavidas 2 (compostos por José Nine). Silence (composto por Charlie Haden).

Este tema foi gravado ao revés do que se adoita facer nestes casos, onde eu gravo as catro frautas do tema (como é lóxico, primeiro unha e logo as outras). Despois engadímoslle o piano, baixo e batería á vez. Adóitase gravar primeiro a sección rítmica e logo as frautas, pero a min pareceume mellor neste caso facelo ao revés, debido a que as frautas levaban a iniciativa melódica e daban a introdución do tema. Era a primeira vez que facía este tipo de gravación, onde gravo por partes. Non me podo queixar de como quedou.

Aquí tedes a ligazón do vídeo promocional que nos fixeron para esta ocasión. https://www.youtube.com/watch?v=tpEBat3n0uE

No curso 2009/10, por mor duns intercambios entre a escola de música de Burela, a escola de música de Silleda e Estudio escola de música de Santiago de Compostela, realízase unha gravación para o CD fin de curso de Estudio escola de música onde colaboran músicos das tres escolas. O tema elixido é a canción das frautas dirixida por min. Este tema fora tocado por estes músicos no auditorio de Silleda e no de Burela.

Silvia Rozas (frauta) Nerea Iglesias (frauta) da escola de música de Burela

Sonia Troitiño (frauta) María Pérez (frauta) da escola de música de Silleda

Laura Muñiz (teclados) Tomás Otero (percusión) de Estudio escola de música de Santiago de Compostela.

O día un de Novembro de 2015, con motivo deste traballo que estou a expoñer, fago unha gravación caseira de este mesmo tema e volvo gravar as catro frautas (aquí non hai máis nada que engadir).

A interpretación do tema é un pouco lioso, pero trato de explicalo (igual para enrevesalo máis).

1 vez. Toca a frauta unha todo o tema. Ao finalizar o tema, volvemos empezar como segunda vez.

2 vez. Toca a frauta unha e a frauta dúas. Teñen o mesmo ritmo pero voces diferentes. Elixo unha tesitura máis aguda para esta frauta. Ao finalizar o tema, volvemos empezar como terceira vez.

3 vez. Toca a frauta unha, a frauta dúas e a frauta tres. Aquí o ritmo xa non ten que ver. Fago basicamente corcheas e encho os espazos que as dúas primeiras frautas deixáronme en forma de silencios. Elixo unha tesitura máis aguda que as anteriores. Cando as dúas primeiras frautas teñen certa importancia melódica, simplemente toco notas longas para non molestalas.  Ao finalizar o tema, volvemos empezar como cuarta vez.

4 vez. Toca a frauta unha, a frauta dúas, a frauta tres e a frauta catro. Aquí a última frauta nunha tesitura máis aguda, enche todo os espazos das frautas anteriores con corcheas, pero respecta o espazo deixado pola frauta uno e a frauta dúas, deixando ese espazo para a frauta tres.  Ao finalizar o tema, acaban xuntas cunha nota longa.

5 vez. Aquí temos variacións. Nas gravacións dos discos antes mencionados, entra a sección rítmica (piano, baixo e batería) coas catro frautas soando á vez. Na versión caseira, esta é a última vez do tema (non podo tocar tantos instrumentos en casa que me botan).

6 vez. Deixa de tocar a sección rítmica e quedan as frautas soas para acabar o tema. Final con notas longas.

Canción das frautas-ADN

Canción das frautas-Versión escolas de música

Canción das frautas-Versión caseira

 

GALERÍA DE FOTOS

José Nine Ces




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.