Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Entrevista a Dopico, conselleiro delegado de R

Hai unhas semanas lin unha interesante entrevista a Arturo Dopico, conselleiro delegado de R,  que respondía á denuncia da CIG (Converxencia Internacionalista Galega) sobre a colocación das teleoperadoras de R en Portugal en lugar de en Galicia. A partir deste feito, os entrevistadores aproveitaron para preguntar sobre a relación da empresa coa lingua galega, aspecto co que parece que están comprometidos. Copio dúas preguntas sobre a cuestión:

R necesita que as teloperadoras estean en Galicia porque ofrece o servizo en galego …
Si, pero poderíase, por exemplo, que o centro de traballo estivese no Norte de Portugal. Pero este servizo está e estará en Galicia, non entendemos porque nos meten polo medio.  
 
Falando do idioma, R foi pioneria en aproveitalo como ferramenta de mercadotecnia. E fíxoo con éxito, de feito sigue apelando á identidade galega na súa publicidade. No último ano outros grandes anunciantes subíronse ao carro, como Fenosa, Abanca, Banco Popular no referido ao Pastor … 
A min paréceme ben, ogallá consigamos que todos fagan publicidade en galego; pero nós non o facemos como un punto comercial para vender máis. Para vender máis tes que ofertar o mellor servizo posible pero tamén ser responsable coa sociedade na que operas. Usamos o galego por responsabilidade social, por naturalidade, porque é a lingua dos nosos clientes.

 

Toda a entrevista foi no xornal virtual Galicia Confidencial e, despois de ler con interese todas as respostas, acordei facervos un resumo.

Ante a primeira pregunta sobre a incorporación de Telefónica á oferta de fibra óptica aos fogares, Dopico di quen non lle preocupa a compañía, xa que eles son os pioneiros en ofertar estas melloras. Ademais, R asinou o ano pasado un contrato por 3 anos para levar todas as comunicacións da Xunta, o que suporá un gran beneficio para a compañía a longo prazo, xa que, os primeiros anos o investimento en melloras será considerable.

Tamén se fala da gran xesta que conseguiu R dentro das teleoperadoras autonómicas, xa que, das 17 creadas no seu momento, R é unha das poucas que segue en pé. E non só e iso, senon que, conseguíu que ningunha das grandes compañías a comprara.

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.