Anteriormente o alumnado de bacharelato encargábase de organizar e decorar todo o centro. Este ano, as cousas mudaron, polo que todas as clases que quixeron adaptaron un recuncho do instituto para a súa propia celebración.
O alumnado do último ano, en conxunto, realizou un plan de escape para o día da apocalipse na que, as mentes máis privilexiadas do planeta se fugaban nun avión para manter a supervivencia da especie.
O alumnado de 1º de bacharelato, realizou unha distopía cun telexornal no que se facía unha reportaxe dos infectados do ébola.
O alumnado de 4º, pola súa parte, fixo un casino.
O alumnado de 1º e 2º da ESO decoraron, cada un na súa clase sobre un tema.
Esta é a porta da clase de 1ºE, grupo no que o alumnado foi disfrazado de ZOMBIES e decoraron a clase dun tenebroso cemiterio.Os alumnos bailaron un fermoso baile.
Alumnado de 3º ESO
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]