No momento de descolgar a exposición de Castelao, avaliamos a actividade e recollemos que no centro repasamos moitos datos da súa vida e da súa obra. Gravamos ademais na retina debuxos de Cousas da vida levados a láminas xigantes. Visualizamos os vídeos coas estampas dos álbums da guerra… Pero ademais aprendemos un lote de detalles máis, curiosidades que non sabiamos, como que non naceu o día 30 senón o 29 ou que o escudo da capela de San Xosé foi o que o inspirou para o seu famoso ao que lle colocou o “Denantes mortos que escravos”. Pero tamén coñecemos unha información moi interesante sobre Castelao e a Rianxeira (que vos habemos contar no seguinte artigo referido ao autor)
Alfonso, coma sempre un artista reproducindo os debuxos de Castelao
Os datos bio-bibliográficos non destacan demasiado, pero a falta de diñeiro non nos permitiu case máis nada ca o branco e negro…
O sistema tendedeiro e pinzas resultou moi vistoso para a exposición da obra gráfica
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]