Por Sergio Lamas e Iván Caamaño
A mesa pola Normalización Lingüística pesentou o pasado mercores día 21 de xaneiro un informe ante o tribunal da ONU en Xenebra para denunciar a situación que padecen as linguas diferentas ao castelán no conxunto do estado español, sobre todo a do galego.
Este informe foi elaborado pola Mesa en colaboración coa Rede de Igualdade das Linguas Europeas. Este documento especifica cal é a situación dos cidadáns que falan galego no seu día a día. O informe evidencia esta situación mediante casos concretos, datado dende o ano 2012 e nos cales se lles impide aos cidadáns facer a súa vida en galego con total normalidade.
No ámbito da administración é onde suceden os casos de maior retroceso para a lingua galega nos últimos anos. En canto á educación, Marcos Maceira- presidente da Mesa- recalcou que é o ámbito onde se deron retrocesos máis importantes, culpando ao goberno Galego e ao Español.
Moitas das denuncias recollidas falan de retrasos en operacións por solicitar a autorización en lingua galega, denegacións de bolsas pre-doutorais por presentar o título universitario en galego ou ameazas en oposicións por utilizar o idioma propio.
Para a organización en defensa do idioma, e tras avaliar os casos recollidos no informe, quedan en evidencia que as “autoridades españolas toleran abertamente actitudes supremacistas entre o funcionariado e outros axentes públicos”, como a xustiza.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]