Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Lectura-homenaxe a Castelao no aniversario do seu nacemento

IMG-20150130-WA0003Hoxe, venres 30 de xaneiro, foi o día! Pasamos toda a maña coa aula de usos múltiples dous ocupada. Entraban só 90 alumnos e alumnas de cada vez (non ten máis capacidade) pero a súa boa acústica permitía que se escoitasen perfectamente as distintas voces que, desde as 8,30 ata as 14,10, foron transformando as palabras do papel en sons. Desde 1º ESO a 2º de Bacharelato alí estivemos todos, alumnado e profesorado, tamén persoal non docente. Comezamos á primeira hora lendo a primeira obra que Castelao publicou: Un ollo de vidro, memorias dun esquelete. Continuamos con Cousas, logo Retrincos, Os dous de sempre e algún fragmento de Sempre en Galiza. Moitas grazas a todos os voluntarios e as voluntarias que se animaron a poñerlle voz a estes textos!

IMG-20150130-WA0013

IMG-20150130-WA0018 IMG-20150130-WA0020

IMG-20150130-WA0021 Lecturas Castelao

IMG-20150130-WA0019Lecturas textos Castelao

IMG-20150130-WA0002 IMG-20150130-WA0004 IMG-20150130-WA0006

IMG-20150130-WA0007

IMG-20150130-WA0008




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.