Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Imos asistir á gala dos Premios OUFF Escola

O víndeiro mércores, día 19 deste mes de novembro, celebrarase a gala de entrega dos premios audiovisuais OUFF Escola, en Ourense. O noso instituto está convidado porque enviamos unha curta.

Asistiremos como representantes do centro tres alumnas de terceiro (que participamos no proxecto desde 1º ESO) e dous profesores.

Dibujo

O vídeo que realizamos durante os dous cursos pasados e que presentamos ao certame leva como título “Rianxo fala na voz das maiores” e recolle as lembranzas e anécdotas lingüísticas dos tempos mozos das nosas informantes e ademais fan unha comparación coa situación da lingua na actualidade.

O festival premiará os mellores traballos en galego realizados por escolares. E aínda que o noso non obteña ningún galardón queremos deixar constancia do moito que nos gustou participar na actividade e o moito que aprendemos. Comezamos en primeiro elaborando as preguntas, logo buscamos as informantes e fomos gravar e  por último tivemos que editalo.  Foi un traballo autodidacta e de equipo, do que estamos moi orgullosas.

Aida Barros (3ºB), Aitana Alcalde (3ºA) e Paula Cambeses (3ºA)




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.