
ecreto e o Goberno ditou unha norma ad hoc para apoiar a sentenza. A resolución responde así ao intento do Goberno balear de reimpulsar un mal chamado trilingüismo despois de que a xustiza anulara o primeiro decreto.
A conselleira de educación, Juana Maria Camps, defendeu no Parlamento que as análises da aplicación do TIL no pasado curso demostran que “es un buen camino y un buen sistema“, dado que se produciron melloras moi significativas. Segundo dixo, os datos analizados sinalan que “no ha habido un fracaso general”, tendo en conta que os datos se refiren a un ano con moitas folgas.
Pola contra, o movemento social, Marea Verde, regresa ás rúas baleares no

O xoves, día 18, durante a festivadade e multitudinaria celebración da Nit de l’Art en Palma, máis de un centenar de docentes, coa súa indumentaria de camiseta verde, reclamaron a dimisión do presidente e da conselleira de Educación, Juana María Camps. O luns, día 22, o mandatario do PP foi despedido na población de Alaró, na vía pública, por un corredor de docentes que lle deron a espalda para mostrar unha desaprobación persoal.
Os docentes, co respaldo dos sectores de familias e alumnado dos cursos de secundaria e da universidade, están movilizados contra o sistema de aplicación do trilingüismo. Unha acción que se suma as actuacións contra os recortes orzamentarios, de cadros de persoal e servizos para o alumnado.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]