Noctum
Por: Sergio Lamas
A noite tamén chora
pola túa ausencia. Se non me
cres mira cando o
ceo non estea cuberto
e verás as bágoas
veloces caer.
A eclipse marca a morte
da túa luz. Os lobos calan
ao teu paso. As árbores
azoutan o ar cortando a miña respiración.
Agora o noto. A túa presenza
fría, o teu corpo xeado. Como
non o notei. De onde nunca houbo
non se pode quitar.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]