Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Videoconferencia Londres

Deixámosovos aquí o vídeo sobre a videoconferencia que realizamos co alumnado de galego do Colexio Cañada Blanch de Londres hai un par de semanas. Tal e como vos contamos no noso blog O castelo da lúa no seu momento. Ademais de toda a conversa que tivo o alumnado de 1º ESO de aquí e de alá presentando os respectivos centros e falando dos diferentes gustos e costumes duns e doutros, tamén o alumnado de 1º de Bacharelato quixo aproveitar a ocasión para saber detalles tanto do barrio no que está situado o centro, coma de Londres en xeral, para aproveitaren así ao máximo a visita que van facer no vindeiro mes de abril á cidade do Támesis.

Aquí vemos a unha das alumnas londinenses na pantalla explicándolles aos nosos alumnos diversas cuestións de interese . Pasárono moi ben e aprenderon moito todos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.