Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Lingua de namorar

lg amor 2A lingua galega é unha lengua romance, ligada estreitamente ao idioma portugués, ambalas dúas teñen unha historia en común, aínda que o galego se atope reducido polo desprazamento do castelán, idioma dominante en boa parte da poboación galega, sobre todo urbana.

lg amor

Veño de ler unha noticia sobre  unha nova edición do concurso “Lingua de namorar“,  que pretende axudar a buscar unha  solución ao problema da desgaleguización na nosa comunidade.  O  concurso ten como eixe as mensaxes de amor  para fomentar o uso do idioma nos mozos e mozas do noso territorio, porque é o ámbito ou a xeración nova que apenas o usa, aínda que o saiba falar.

Aos mozos de hoxe en día non lles gusta falar en galego por moitas razóns: a principal eu penso que é o desprestixio que sofre fronte ao castelán, o que  trouxo consigo diversos prexuízos e estereotipos, como que o galego é para os vellos, para a xente da aldea e para pobres.

Con un concurso coma este, divúlgase o idioma dunha maneira entretida e divertida, involucrando a xente moza e difundíndoo para así recuperar a maioría dos falantes como na antiguidade. Con isto e outras maneiras como novos certames, ou mesmo os concursos de cartas de amor, de microrrelatos ou mesmo de fotografías de corazóns con lemas amorosos que  organiza o equipo de normalización linguística do noso centro (I.E.S Felix Muriel) conmemorando os días da Candeloria e de San Valentín.  E non só potenciando a escrita literaria, senón tamén a oralidade, coma nos numerosos certames que se teñen feito de recitado de poemas, sen deixar atrás a reflexión que se pode ver en murais conmemorativos que cada pouco están expostos nos corredores do centro.

Na miña opinión, o galego é o idioma que nos identifica aos galegos e preséntanos ao mundo dentro dun territorio con lingua propia con capacidade de aprender dúas linguas na nosa infancia. Deberiamos reivindicar o noso dereito  á non desaparición da nosa lingua, con estos concursos ou innovar novas maneiras para difundilo en todos os ámbitos na nosa comunidade autónoma e mesmo fóra dela, porque tamén se fala galego fóra de Galicia.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.