Selena Bermúdez (2º Bac. A)
Ao igual que o galego e o castelán en Galicia, o inglés e o castelán conviven nunha situación de conflito lingüístico no seo de Estados Unidos. Fálase dun novo apartheid que clasifica aos cidadáns estadounidenses en dúas clases segundo cal que sexa o seu idioma principal e que condiciona a acceso a oportunidades de carácter laboral. No seguinte vídeo vese perfectamente como unha lingua normalizada e maioritaria pode ser minorizada.:
Recóllense nel datos tirados dun estudo da Universidade de California. Entre eleschamoume á atención, por un lado que a continuidade do castelán de xeración en xeración estea seriamente ameazada e que, por outra banda, o inglés nunca estivo en perigo de perder a súa condición como lingua dominante en EEUU.
Por isto, moitos cidadáns de fala hispana reclaman a presenza do seu idioma no sistema educativo co obxectivo de que non remate asociado exclusivamente ao ámbito privado e familiar sendo considerado non apto nin útil para a vida moderna.
En contraposición a estas demandas posiciónanse unha gran parte das autoridades estatais que prohiben o bilingüismo e avogan por unha educación exclusivamente en inglés, chegando ao punto de que calquera profesor que use o castelán en horario lectivo poderá ser denunciado e xulgado.
Curiosamente arredor do castelán, lingua dominante no territorio galego, existen numerosos prexuízos en EEUU: lingua de pobres, de atraso… o que pode incitar reflexións en relación coa situación lingüística en Galicia, onde o galego sofre os mesmos abusos e desprezos en moitos casos. De feito os argumentos dos partidarios da imposición exclusiva do castelán aquí coa dos do inglés nese país son exactamente iguais.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]