O día 20 de novembro o alumnado de 4º de ESO A , B e PDC fomos de excursión a Ourense. Pola mañá fixemos o roteiro da Esmorga, é dicir, o camiño que percorreron os persoaxes desta historia.
Fomos indo ós lugares máis importantes do relato, facendo un percorrido que nos levou aproximadamente dúas horas. Ademais, en cada unha das zonas nas que iíamos parando, había unha plaquiña posta polo concello cun breve resumo da escena que alí se desenvolvía. Na nosa pequena expedición, visitamos a Praza Maior, o Belén, fontes, e un parque con pavos reais, os cales despois da nosa intervención, quedaron bastante asustados. Ao rematar este interesante andar, fomos comer a un restaurante asiático, onde a comida estaba bastante ben, pero o postre estaba mellor.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]