O egoísmo sen consideración convértese na túa perdición (por Raúl Rañó)
Íamos todos de excursión a Lugo. A verdade e que tampouco estaba moi ilusionado xa que o San Froilán terminara e o máis seguro e que estivese bastante deserto, pero valía a pena con tal de volver a ver a muralla.

Cando chegamos o autobús parou cerca dunha das entradas á muralla, baixamos e cruzamos a carretera. Xa estábamos dentro da muralla e agora tocaba dividirse en dous grupos, un tería que ir ao museo provincial de Lugo e o outro a realizar a actividade de ciencias. A nos tocounos primeiro ir ao museo, onde se ambientaban uns textos que tivemos que ler días antes da excursión.
Ao chegáremos ao museo subdividíronos en catro grupos para realizar unha actividade sobre cada un dos textos, a min tocoume no grupo 2, o texto de Fina Casalderrey, o cal me pareceu o máis fácil.

Todos os grupos saímos escopetados en canto acabaron de darnos as instruccións da actividade. Eu tomei a dianteira, tanto que perdín de vista ao meu grupo, pero como ía moi ben decidín non reunirme con eles xa que así perdería menos tempo e gañaría eu, sendo todo o mérito meu.
Esta era unha actividade típica do itinerario de letras e pese a ser de ciencias ía bastante ben, tanto que ao renegar do meu grupo seguramente acabase moito antes que todos os demais grupos. Polo camiño á sala 21, funme detendo e observando algúns cadros, e non sei por qué, empeceime a preguntar que interese terían estas pinturas para a sociedade, non revelan ningunha verdade, non explican nada aplicable a vida real, como por exemplo a tectónicas de placas, o teorema de pitágoras ou incluso a teoría de cordas se se chega a demostrar completamente. Tamén pensei nas matemáticas, en fórmulas e trigonometría a cal nos permitían o desenvolvemento da informática, crear videoxogos etc.
Procurei olvidarme diso e seguir ca actividade antes de que perdese demasiado tempo e non me dera tempo a completala. Ao chegar a pregunta 12 quedeinme totalmente perplexo ao non poder acceder a sala 17 onde se atopaba a resposta, xa que esta sala non existía, estaba na sala 16 e onde se supón que estaría a sala da resposta só había unha sala baleira, sen ningún cadro…


Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]