Biografía:Xosé Neira Vilas naceu en Gres, Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928.
Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia. En 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona.
Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.
Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e La Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o premio Celanova Casa dos Poetas e o Premio Trasalba (2004), e foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 1999.
O libro é unha crónica das vivenzas dun neno de hai 70 ou 80 anos. Neste libro descubrimos que a infancia dun neno de agora non ten nadan que ver cos de antes; tamés descubrimos un léxico novo, moitas palabras que non coñeciamos. Algúns de nós ata llas preguntamos a nosos avós. Aquí vos quedan algunhas delas: cangalleira, canaveliña e garnacha.