Videoconferencias do Día da ciencia en galego
Este martes imos participar nas videoconferencias do IV Día da ciencia en galego.
O alumnado de 1º de ESO anotouse á de Marilar Aleixandre
e o de 4º ESO á de Jorge Mira.
Na páxina da Coordinadora Galega de ENDL http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2013/videoconferencias.php
podedes atopar toda a información.
Os dous especialistas, profesores na USC, van falar de cuestións moi interesantes. Marilar sobre os insectos e Jorge sobre as medidas de tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol.
Ademais de seguir a videoconferencia, imos- igual ca todos os centros anotados- interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.
Se pinchas neste pdf podes acceder ao perfil biográfico de Jorge Mira:
VER PDF
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]