O sabado 26 de outubro as 20:30 no auditorio de Rianxo, a compañía Talia teatro levou a cabo a representacion da súa obra O método Gönholm.
A obra trataba a historia de catro personaxes que asistían a unha entrevista de traballo na que debían superar diferentes probas que lle foron postas. As probas eran postas por un dispensador automático que lles propoñía probas tanto de tipo persoal como de tipo interpretativo, poñendose no papel doutras persoas. Os que non eran capaces de superar as probas ían abandoando o escenario. Ao final descóbrese que tres dos solicitantes do posto eran en realidade os entrevistadores e o único que realmente solicitaba o posto non foi contratado.
A persoa creadora da obra foi Jordi Galcerán. Esta foi dirixída por Xúlio Lago e interpretada por Toño Casais, María Ordóñez, Artur Trillo e Dani Trillo.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]