Miguel Anxo Prado é o debuxante galego con maior recoñecemento internacional, dende que publicou o seu álbum Trazo de xiz, en 1990. Famoso tamén porque presentaba o programa infantil que máis colaborou na normalización do galego, O Xabarín Club, na TVG. Pódese dicir que o Xabarín non é o mesmo dende a súa ausencia…
En 1998 foi contratado pola factoría americana Dreamworks, para deseñar os personaxes da serie Men in Black. En 2006 presentou a primeira película de animación galega de longa duración, De profundis.
Miguel Anxo é un dos representantes máis internacionais da produción cultural galega, ofrece historias orixinadas na nosa realidade galega. Estas historias foron traducidas a moitos idiomas, pola contra, é moi difícil atopalas en galego…
A obra galordonada é Ardalén. O autor considera este libro como a súa obra máis galega, aborda o tema da memoria das lembranzas e da perda da memoria. Esta obra xa fora recoñecida co premio do Salón Internacional do Cómic de Barcelona .
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]