
Este vigués, humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada é de sobra coñecido polos máis pequenos, xa que ademais de crear revistas como Can sen Dono e Xo! e ”A voz que para a bestas”; escribir numerosas obras de humor gráfico (“Fraga na Galicia”, “Mellor que onte pero mellor que mañán “), cómics para nenos(“Bule bule” e “Barbanzóns”) e colaborar con viñetas para distintos medios (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Televisión de Galicia…) é o creador da famosa serie de contos infantís Os Bolechas. Esta colección, de enorme éxito entre os máis pequenos, consegue iniciar na lectura a moitos nenos da nosa comunidade.
Carreiro ben de rematar, por encargo da mancomunidade Arousa Norte, a última historia dos Bolechas. Nesta historia o famoso debuxante sitúa os membros desta famosa familia na comarca do Barbanza. Este capítulo forma parte dunha colación de guías turísticas de diferentes comarcas, e nela os Bolechas percorren os concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo. Nun principio van de Ribeira ata Rianxo polo interior e logo fano ó revés pola costa, mostrándonos algúns dos lugares máis interesantes da nosa comarca.
Carreiro non improvisou para a creación deste capítulo senón que ó igual que fai con todos os episodios dos Bolechas documentouse axeitadamente antes de escribilo. Por certo, o monumento que máis lle chamou a atención da nosa mancomunidade foi o Castelo da Lúa e a súa lenda, que el non coñecía.
Por certo, Carreiro asegurou –nunha entrevista concedida ao xornal La voz de Galicia- que os Bolechas tiñan corda para rato e aínda lle quedaban moitas aventuras e tamén que o público infantil conforman os lectores máis agradecidos.
CRISTINA CAMBESES FRANCO 2º BAC A Nº5

Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]