Patrimonio e lingua: a mellor herdanza
O curso pasado estivemos traballando no proxecto do ENDL arredor do noso patrimonio, do material e do inmaterial, querendo destacar a lingua. En Rianxo temos un patrimonio propio que a poboación admira e non quere que se perda. Mais non toda a poboación ten a mesma querencia pola lingua de seu, de feito, vemos que nos últimos anos deixan de transmitírllela aos descendentes. Por iso, unha das actividadades do noso Proxecto de fomento do galego estivo centrada nesta cuestión. Comezamos coa edición dunhas noticias que… non eran certas pero poderían selo e a poboación reaccionou… Realmente acadariamos a reflexión que buscamos?
Quédavos aquí o vídeo que recolle esta acción. A montaxe fíxoa Adrián Rico (4º PDC)
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]